A miúdo os terremotos prodúcense no mar, facendo que o fondo mariño se mova. A veces o seísmo desencadea unha onda gigantesca: un tsunami. Estas ondas gigantescas propáganse pola superficie do mar a unha velocidade de varios centos de kilómetros por hora. Os barcos que se atopan en alta mar non a perciben, pero cando o tsunami chega a augas máis baixas perde velocidade e elévase ata unha altura de 30 metros. Daquela precipítase terra adentro e destrúe todo o que atopa ao seu paso.
Podedes atopar máis información na wikipedia no seguinte enlace:
https://es.wikipedia.org/wiki/Tsunami
Actualmente, seguro que vistedes no telexornal estes días o devastador tsunami que está afectando a Indonesia.
Deixareivos algunhas noticias do xornal da Voz de Galicia para que as poidades ver. De tódolos xeitos comentarémolo na clase á volta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario