Visitamos os dous faros de Mera e tamén tivemos unha charla moi, moi interesante na aula do Mar (a antiga casa do fareiro que agora se rehabilitou para ser un centro de recepción de visitantes do monumento natural costa Dexe)


Despois de repoñer enerxía fomos á praia de Mera para recoller microplásticos en colaboración coa asociación Mar de Fábula.
Un pequeno xesto pero moi grande para o medio ambiente xa que como ben sabedes as cabichas e o bastonciños son ben contaminantes. E como non os microplásticos para os animais mariños.
Así que... moitísimas gracias rapaces pola vosa gran colaboración!
Moi orgullosa de vós!
Puxéstedes moito esforzo e interese!
Ningún comentario:
Publicar un comentario