Os lithops, ou pedras vivas, parecen cactus aínda que non o son e mimetízanse coas pedras do arredor para que os animais herbívoros non as coman. O aro atrae co seu fedor ás moscas, que quedan atrapadas na flor, en forma de funil, e soamente as libera cando o polinizan. As plantas máis sofisticadas son as orquídeas: parecen abellas femia e ulen igual. A abella macho póusase sobre a orquídea e empeza a aparearse. Pouco despois dáse conta do seu erro, pero a orquídea xa logrou o seu obxectivo: foi polinizada, así que pode comezar a dar sementes.
Lithops |
Ningún comentario:
Publicar un comentario