xoves, 6 de decembro de 2018

PRACTICO O GALEGO

Déixovos unha páxina web na que podedes traballar un montón de exercicios de lingua galega: palabras con h, con ex- ou es-, b/v... pois hai moitas e delas que nos levan a confusión.

Espero que vos guste!

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/ortografia.htm#10


Se pinchades enriba da seguinte imaxe podedes visitar un diccionario online de lingua galega (moi parecido ao que empregamos na clase, o da RAG), un conxugador de verbos, un repertorio de formas incorrectas (castelanismos, estranxeirismos...), un apéndice gramatical (o alfabeto galego, as preposicións...) e equivalencias entre diferentes linguas (galego, portugúes, inglés, francés...).
ESTÁ XENIAL E MOI COMPLETA!

Resultado de imaxes para DICCIONARIO GALEGO


A palabra do día que visitaremos nos vindeiros días é unha ferramenta en galego moi interesante e produtiva xa que aprendemos palabras novas todos os días! 

A nosa lingua ten unha chea de palabras ben riquiñas! Xunto aprenderemos a coñecelas!!

Resultado de imaxes para PALABRA DO DIA XUNTAGALICIA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

De cara ao verán fostedes varias familias as que me pedístedes recomendacións de algún caderno para repasar os contidos de 4º EP. Aquí v...