Como ben sabedes este ano imos ir disfrazados de estrelas de mar.
O material que precisamos é tela foam.
As MEDIDAS son de 1,20 por 1,50 metros (pois é o ancho da tela) pero o que necesitamos é xusto o dobre pois levamos tela pola parte dianteira e tamén pola traseira.
Polo tanto, en total serían 2,40 por 1,50 m. Non o aclarei na nota por iso o aclaro por aquí!
As CORES elixidas son o laranxa "normal" e o azulón pois eran as cores máis dispoñibles nas tendas que consultei.
O PREZO por metro ronda os 5,50 €.
Déixovos as fotos dos modelos que nos proporcionou unha mestra do cole!
A única diferenza cos nosos é que nós non imos levar os circuliños en fieltro cosido senón que aproveitaremos os restos de tela foam que lles sobre aos nosos compañeiros/as para facelos e pegalos con cola de silicona (os moldes e/ou medidas seránvos proporcionados)
De aí a idea tamén de levar dúas cores que "combinasen" entre sí.
Por último, como COMPLEMENTO levaremos unha diadema/pinza no pelo que tamén elaboraremos con anaquiños de tela foam que nos sobre dos nosos disfraces. Asique nada de tirar! Aquí a todo se lle atopa un uso!
ESTES SON SOLO MODELOS PARA REALIZAR OS NOSOS! As cores NON son as mesmas pero para que nos poidamos facer unha idea!
Espero que vos sirva de axuda!!
O COMPLEMENTO que levaremos na cabeza con anaquiños de tela que nos sobre a cada un!! Podemos reutilizar pinzas que teñamos na casa, diademas vellas...Algo no que poidamos colocar con firmeza na cabeza e que sirva para pegarlle os trociños de tela foam.
Estou a vosa disposición para calquera aclaración ou dúbida!
Nos vindeiros días seguirei colgando máis información: medidas exactas, dúbidas, aclaracións que vaian xurdindo...
Espero que teñades unha moi boa semana!
Unha aperta
Bea
Páxinas
- Inicio
- Matemáticas
- Lingua galega
- Lingua castelá
- Investigamos!Curiosidades sobre as ciencias
- Ciencias Naturais
- Ciencias Sociais
- Educación en valores
- Datas importantes. Conmemoracións
- Proxecto O Mar
- Noticias Interesantes!
- Talleres. Charlas. Saídas escolares
- Manualidades. DIY!
- Diccionarios. Tradutores online
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN
De cara ao verán fostedes varias familias as que me pedístedes recomendacións de algún caderno para repasar os contidos de 4º EP. Aquí v...
-
Árbore de Nadal feito con papel de cores (o que vos ensinara na aula). PAPIROFLEXIA. Flores navideñas feitas con papel. PAPIRO...
-
Esta é unha selección de debuxos sobre o Nadal que podedes descargar e colorear na casa e traélos ao cole para decorar a aula! (tal e como m...
-
Plantillas para elaborar o labpook Exemplos de outros lapbook. Para coller ideas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario