É unha ruta de senderismo de 200 kilómetros que une Malpica con Finisterre polo borde do mar. Un camiño que ten ao mar como o maior protagonista e que pasa por todos os faros e principais puntos de interese da Costa da Morte.
O Camiño dos Faros que percorre moitas paisaxes diferentes, sempre mirando cara ao mar e cara ao oeste. Faros, praias, dunas, ríos, acantilados, bosques, castros, vilas mariñeiras, postas de sol... e moita MAXIA!
Unha ruta de senderismo como poucas, que levará ao camiñante a un mundo de sensacións únicas que soamente se pode desfrutar na Costa da Morte!.
Recoñecido a nivel nacional e...mundial! Hai publicacións sobre esta ruta en varios medios de comunicacións internacionais!
Un luxo do que dispoñemos ao noso carón! Anímaste a coñecelo?
Mapa. Etapas do Camiño dos Faros
Vídeos
Programa da CRTVG "Imos indo. A canle autonómica de Galicia adicou un total de 8 programas para ensinar as fermosas paisaxes que podemos atopar no Camiño dos Faros.
(aquí podedes ver unha entrevista ao seu presentador explicando todo o proceso de gravación do programa)
O Camiño dos Faros é unha das rutas que máis interese está a xerar a nivel nacional e internacional nos últimos anos, tanto en programas de televisión coma en publicacións especializadas europeas. Creado, impulsado e mantido por "trasnos", veciños deste singular espazo da xeografía galega, percorre durante 8 etapas os 200 quilómetros que separan Malpica de Fisterra bordeando o mar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario