Que é un PXOM?
Un Plan Xeral de Ordenación Municipal,que de xeito abreviado denomínase coas siglas PXOM,é un documento normativo e de ámbito municipal, que funciona como un instrumento básico de ordenación e planificación integral do territorio dun concello, é dicir, que formula un proxecto de futuro para o municipio, no noso caso, “o Cambre que desexamos para o futuro”.
O PXOM por tanto, emprégase para deseñar as liñas básicas de desenvolvemento socioeconómico e medioambiental dun municipio, clasificando o solo (urbano, de núcleo rural, urbanizable e rústico) e os seus usos (residencial, industrial, agropecuario, etc.), así como delimitando as redes viarias e de abastecementos (auga, enerxía, telecomunicacións, etc.), os equipamentos e servizos comunitarios (educativos, culturais, deportivos, sociais, etc.), a regulación en edificios e as futuras actuacións (licencias de parcelación, de obra, etc.), os ámbitos de valor ambiental que deben protexerse, e por suposto, as zonas verdes e de ocio (parques, xardíns, prazas, etc.).
Todos os Plans Xerais de Ordenación Municipal teñen que estar adaptados a lei autonómica en vigor, que no caso de Galicia é a Lei do Solo2/2016. Unha vez aprobado o PXOM, dado que é un documento normativo e regulador, é de obrigado cumprimento tanto para particulares como para outras
administracións
Ningún comentario:
Publicar un comentario